En próximas datas terán lugar dúas presentacións do número 12 da revista galega da cultura marítima e fluvial Nova Ardentía.
A primeira delas celebrarase o vindeiro martes 25 de agosto en Fefiñáns-Cambados, na terraza dos magnolios do Pazo de Fefiñáns (entrada polo arco). Dará comezo ás 19 horas e nela participarán Emilio
Xosé Ínsua e Francisco Fernández Rei.
Posteriormente, o xoves 27 de agosto, a revista será presentada no Museu Marítimo de Esposende (Portugal). Será o xoves 27 de agosto, ás 18.30 (hora portuguesa). Nesta ocasión contaremos coa presenza de Fernando Ferreira da Associaçao Esposendense, Ivone Baptista e Emilio Xosé Ínsua.
Desde Culturmar convidámosvos a esta oportunidade única para mergullar nos pormenores desta magnífica publicación da man dos seus autores.