Acaba de presentarse a web do Estudo de Potenciación Turística na Enseada de San Simón, que forma parte do proxecto Marisma. O proxecto pretende unha actuación global na desembocadura dos ríos Alvedosa, Pexegueiro e Maceiras, moi preto do casco urbano de Redondela, orientada para recuperar o antigo humidal, tanto dende o punto de vista ambiental como dende o económico e o social.
Na web pódese atopar moita información sobre os recursos patrimoniais da Enseada, tanto os etnográficos, arqueolóxicos e arquitectónicos, como os naturais. Esta información ten forma de fichas individuais para cada elemento importante do patrimonio.Toda a informacion sobre os recursos patrimoniais foi recollida in situ, para que conste a situación actual do elemento, e inclue os datos de xeolocalización, para quen queira visitalos.
Na sección de documentación pódese acceder á memoria correspondente ao Estudo. Esta memoria ten unha información moi interesante sobre a Enseada e Redondela.