O BOE publicado hoxe sábado 2 de outubro recolle o texto definitivo do Real Decreto 784/2021, de 7 de septiembre, polo que se aproba o Regulamento de buques e embarcacións históricas e as súas reproduccións singulares.
Tal e como recolle o seu preámbulo, a norma ven encher un importante vacío na lexislación española, inspirada en convenios e acordos internacionais como a Carta de Barcelona promovida pola European Maritime Heritage da que Culturmar fai parte.
Este novo marco legal recoñece a singularidade de embarcacións históricas, clásicas, de época e tradicionais; categorías nas que dan cabemento a toda a nosa frota tradicional.
O decreto contempla xa alguhas medidas de carácter práctico para o seu desenvolvemento; como a creación dun rexistro específico ou a aplicación de bonificacións en taxas administrativas de diverso tipo.
Desde Culturmar celebramos a aprobación desta norma, que esperamos contribúa a eliminar obstáculos na ardua tarefa da salvagarda do patrimonio marítimo e fluvial.
Pois a ver se a Xunta deixa de impoñer tasas en troques de subvencionalas.