O novo número da revista Nova Ardentía, revista galega de cultura marítima e fluvial, xa saiu do prelo. Baixo o título de “Contra vento, maré e coronavirus” contamos coa inaprezábel contribución de perto de vinte colaboradores/as. Cen páxinas a toda cor para se enchoupar de cultura marítima e fluvial a través da historia, os costumes e as artes.
Ampliamos a distribución
Como novidade, a revista será nesta ocasión distribuída de forma masiva a máis de 100 librarías de todo o país. Con esta iniciativa pretendemos alcanzar un novo público para a salvagarda da cultura mariñeira que nos une.
Así que se queres facerte con un exemplar, ademáis de acudir a calquera dos colectivos federados como ven sendo habitual, podes tamén solicitalo na tua libraría máis próxima.
Parabens pola saída do prelo deste número da súa prezada revista. Poderían enviar un exemplar á Biblioteca municipal de Redondela?
Moi agradecido.
Saúdos.
RAMÓN