Purro ainda non está a salvo

Seguen as novas sobre o estaleiro de Purro, en Bueu. Ainda non se fixo pública a postura de Patrimonio ao respecto da instalación, pero na TVG apareceu unha entrevista a veciños que piden que se derrube.
As declaracións deses veciños deron lugar a unha nota dos Galos ao respecto delas. Podedes ver unha noticia sobre esto no Faro de Vigo do pasado día 4 de abril.
No lado positivo hai que apuntar que Agalcari fixo público un comunicado de apoio á conservación do estaleiro, e que a páxina de Facebook Salvemos o estaleiro xa conta con 485 seareiros.