Que foi do Constantino Candeira?

Todos sabemos que barco foi o Constantino Candeira e a importancia que tivo na nosa historia cultural. Agora, gracias ao blog Vida maritima podemos saber que foi del despois de que Manoel Antonio o deixara para sempre no noso imaxinario.
Na foto de arriba, podedes ver o Constantino Candeira no porto de Valencia, co seu nome cambiado.

Queremos agradecer as amables palabras que o autor de Vida marítima adica ao noso web, valorámolas moito porque veñen do autor dun dos mellores webs sobre cultura marítima, de alguén que está a facer unha labor constante, seria e simplemente impresionante pola súa calidade e profundidade.

Desde aquí tamén pedimos que se alguén ten fotos ou información sobre Augusto Lustres Rivas contacte co autor de Vida marítima.

(Foto tomada de Vida marítima, cedida por Jesús Martínez y Curto)