Por segundo ano a ACD Dorna e a Fundación Rosalía de Castro organizan “Que inchadiña Branca vela”, unha homenaxe das xentes do mar a Rosalía de Castro.
Este evento consiste na súbida en barco tradicional dos ríos Ulla e Sar desde Vilarello ata o Espolón de Padrón, onde se fará un acto de homenaxe á poeta. A saída de Vilarello será ás 14:30 h e a chegada a Padrón está prevista para as 16:45 h. Quen queira participar ten que contactar coa ACD Dorna en acddorna2@gmail.com.
O nome deste evento nace dun verso da poeta que lembra os barcos navegando no rio Ulla.
¡Que inchadiña branca vela
antre os millos corre soa,
misteriosa pura estrela!
Dille o vento en torno dela:
«Palomiña, ¡voa!, ¡voa!»
Faille arrolo a branda ría
cun remanso mormuxante,
que nás da arboleda umbría
baixo un toldo de alegría,
ó calor dun sol amante.