Ramon Cabanillas, Cambados e o mar da Arousa. Libro

Acaba de publicarse o libro Ramon Cabanillas, Cambados e o mar da Arousa escrito por Francisco Fernández Rei, catedrático, académico e membro da redacción de Ardentía.

O mar ten unha gran presenza na obra de Cabanillas e este libro é unha boa forma de achegarse a figura de Cabanillas e a súa relación co mar da Arousa e tamén á importancia deste mar na literatura galega.

O libro recolle 30 traballos, nove deles inéditos. Dos cinco apartados do libro, un está dedicado a Os mares de Cabanillas e o literario mar de Arousa, con seis traballos, e hai outro traballo máis Unha vida entre peixe e salitre do mar da Arousa, que fora publicado no número 4 de Ardentía e que aparece no apartado dedicado a Cambados: memoria e paisaxe.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.