Este sábado, ás 4 da tarde no Peirao do Grove (a saída será extremadamente puntual), e dentro do programa da Festa do Marisco, celebrarase a Regata do Marisco, como podedes ver no cartel despois da entrega de premios será na carpa da festa, acompañada dun picoteo, e ás 20:00 h. haberá festa na Casa da Cultura, a cargo dos Viñalar Fantastic Band, estades todos convidados a despedir a temporada no Mar dos Mecos.