Remata a exposición Vento mareiro

O vindeiro sábado 9 de febreiro será o último día para poder ver a exposición Vento mareiro no Centro Comercial Arousa, en Vilagarcía. Ese mesmo sábado haberá de 16:30 a 19:30 h unha actividade infantil para que os nenos se familiarizen coas especies da costa galega.

A exposición está a ter unha boa acollida polo público que visita o CC Arousa, como se pode apreciar na cobertura que a prensa dou o evento, e que podedes ver neste dossier de prensa.