Onte sábado realizouse a última etapa do XII Cruzeiro Religioso e Cultural do Tejo, unha actividade organizada pola Confraria Iberica do Tejo que arrancou o pasado 25 de maio na localidade portuguesa de Rosminhal e que se foi cumplimentando durante varias fins de semana. O Cruzeiro é unha peregrinaxe por etapas desde o curso medio do río Texo, xa case na fronteira con Alcántara (Cáceres), até a desembocadura, na que portan a figura da Nossa Senhora dos Avieiros, patroa destas comunidades, e na que participan algunhas das bateiras e outros barcos. No Cruceiro participaron, participaron, en representación de Culturmar, Belén Vidal e Pepe Sacau, da Asociación Cultural Mar de Muros.

O Cruzeiro é unha iniciativa de gran interese cultural porque representa a tradición das comunidades avieiras, comunidades de pescadores que se desprazaban periodicamente ao río Texo desde as súas localidades de orixe, como Ovar ou Vieira de Leiria, cos seus barcos -as bateiras- para procurar o seu sustento cando as condicións eran malas nas súas zonas de procedencia. As familias de pescadores facían a vida completa no barco, e nalgúns tramos do río (Escaroupim, Muge ou outras) acabaron por crear en terra pequenas comunidades.