Convocámosvos a unha reunión para o día, venres 21 de Xuño de 2013 as 20 horas. Nesta reunión, daremos ampla información sobre o XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que vai ter lugar no Freixo, Concello de Outes.
A convocatoria vai dirixida a todas as asociacións, patróns de embarcacións e tripulacións, o lugar será na antiga Fabrica de Peña en Cambados, a 50 metros da antiga sede da Federación, todos aqueles que queiran ter información sobre o encontro de primeira man poden acudir.