Mañá 26 de xuño vai haber unha reunión dos Colectivos da FGCMF para informar dos detalles organizativos do XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, Cabo da Cruz 2015.
A reunión será ás 19:30 h na sede da FGCMF, Centro SocioCultural Baltar, Lg. Baltar, 26 1º andar (Castrelo) – Cambados.
A esta reunión están convidadas calquera persoa que forme parte dos Colectivos da FGCMF e calquera persoa interesada en participar co seu barco no XII Encontro.