Xa se pode facer a inscrición para o XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais da Guarda:
• Desde a páxina de Culturmar pulsando na icona da portada, que leva á páxina do encontro e entrando no botón de inscricións.
• Pulsando directamente na ligazón seguinte ao rexistro de embarcacións.
- Se non ten folio, indicalo: Non ten.
- No campo da imaxe, seleccionar unha e engadir (queda gardada aínda que non apareza nada).
- O teléfono debe escribirse sen espazos.
- Ao rematar o proceso e darlle a gardar, se falta algún campo, hai que completalo (aparecen en vermello).
- Se todo está ben, aparece una mensaxe indicando que a embarcación foi rexistrada.
- Posteriormente á validación da inscrición desde Culturmar, emítese un correo co código QR que servirá para identificar a embarcación ao chegar ao Encontro.
Etiquetas
Bo día,
O facer o rexistro de embarcacions e non complementar todos os datos, non me deixar gardar toda a información para anotar a 3 dornas.
Queriamos saber se teríamos problemas para ir o XIV Encontro de Embarcacións tradicionais da Guarda.
Mando os datos das 3 dornas da Asociación Cultural de Embarcación Tradicionais A Torre.
Un saúdo
Nome: Toxiña /Eslora: 4,50m / Calado: 0.60 / Responsable: Iago tlf: 690785110 / Nº de tripulantes: 3 / Día de acceso: 11 Xullo as 18 horas.
Nome: Lixeiriña / Eslora: 4,75m / Calado: 0,70 / Responsable: Christian tlf: 678894065 / Nº de tripulantes: 2 / Día de acceso: 13 Xullo as 11 horas
Nome: Oliña / Eslora: 4.40m / Calado: 0.60 / Responsable: Oliña tlf: 636070284 / Nº de tripulantes: 2 / Día de acceso: 13 Xullo as 11 horas