O vindeiro 13 de novembro o Museo do Mar retoma os seus Roteiros pola costa co roteiro Impactos pola costa, un itinerario que pretende levarnos a coñecer algunhas das modificacións que por causa da acción humana sufriu o litoral vigués.
Trátase dunha actividade pensada para todos os públicos e para todo aquel que teña ganas de dar una paseo pola beira do mar e ademais coñecer unha parte da historia da nosa franxa litoral. A saída será dende a Ponte de Toralla cara as 11:30 da mañá para chegar ao Museo do Mar de Galicia sobre as 13:30 horas. É preciso inscribirse previamente.