Roteiros pola costa. Vigo

Baixo este nome, o Museo do Mar de Galicia inicia unha actividade que mestura coñecemento natural e histórico pola costa da Ría de Vigo. A primeira rota visitará Bouzas e a beiramar entre esta vila e o Museo, con especial énfase aos restos arqueolóxicos, e realizarase o domingo 13 de marzo.