Roubaron unha plantilla no Museo Mares de Cedeira

Hai uns días alguén roubou no Museo Mares de Cedeira unha plantilla metálica que se usaba para rotular as caixas dunha conserveira. Desde aquí enviamos o noso apoio ás persoas que tan duro traballaron para que Cedeira teña ese magnífico museo e pedímoslle a quen levou a plantilla que a devolva. Porque non é súa, porque alguén decidiu que un obxecto que era seu fose desfrutado por todas as persoas que quixeran velo, cedeuno para o Museo e non merece que se lle pague así e porque a xente que traballou para reunir as pezas do Museo e mantelo aberto tampouco merece ese pago.

Cando alguén dana ou rouba un elemento do noso patrimonio marítimo dánanos ou róubanos a todos. Cada peza do patrimonio, por pequena que sexa, ten un enorme valor.

A continuación transcribimos a mensaxe do Museo:

😢😢 Día triste. Roubáronnos,  ò museo e ò pobo de Cedeira. 😢😢

Alguén levou unha peza. Unha plantilla metálica de pintar nas caixas de peixe co nome da fábrica de Conservas do Cantábrico, con forma de óvalo e duns 20 cms.

Son pezas expostas que non están nas vitrinas porque non todo pode estar baixo chave. A quen o levou dicirlle que tiña dono, unha persoa de Cedeira que o gardaba na súa casa pero que foi xenerosa e quixo cedelo para que a xente, os visitantes do museo coñecesen a historia de Cedeira. Estamos doídos pero seguiremos coa porta aberta e o sorriso posto en cada visita. Se alguén sabe algo ou se quen o levou està a ler isto que recapacite e o devolva.

Ogallá este triste episodio nos axude a trasladar unha mensaxe: todo canto está exposto é de xente que o tiña na súa casa e quixo cedelo para que o pobo de Cedeira tivese un museo do Mar, para que se gardase o noso patrimonio material e inmaterial, para que se puxese en valor. As pezas non son do museo, son dos cedeireses e das cedeiresas… dun pobo acolledor que seguirá traballando e loitando por perpetuar a nosa historia mariñeira.

Compartide e axudade a difundir!

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.