O vindeiro 21 de febreiro vai ter lugar en Cambados o festival Rumbo de colisión, organizado polo Clube Mariño Salnés. O festival comezará ás 18:00 h cunha varada de embarcacións tradicionais na praia de San Tomé. Logo haberá exposicións, actividades infantís, obradoiros, teatro e música.
O Concello do Grove achega xogos populares tradicionais, Guimatur organiza un obradoiro de cultura mariñeira. Ás 19:00 h será a vez de Nelson Quinteiro, que presentará no Salón de Peña o espectáculo Papiroflexias: o asteroide de papel. unha montaxe teatral de música, son e papiroflexia.
A partir das 21:30 h comezará o festival de rock, cos grupos: D´Balde, The Even Flow Experience, Leo Arremecághona, Noite Pechada, Skalopendra, e como remate Batukada con Trópico De Grelos.
A entrada é gratuíta.