A Asociación Cultural Alén Nós acaba de publicar o libro Sal, sardiñas e peiraos. Achega ao patrimonio marítimo na Enseada de San Simón, escrito por Alberte Román Losada.
Nesta publicación o autor fai un repaso dos elementos que ainda permanecen do patrimonio marítimo da Enseada, precedido dunha introdución da evolución do mundo marítimo na zona desde a prehistoria.
Pola riqueza de datos, polo pouco publicado sobre a zona, polas ilustracións, por descubrirnos interesantes elementos do patrimonio e en xeral pola calidade da publicación, esta obra merece unha atenta lectura.
Agradecemos ao autor que publicase este texto baixo unha licenza Creative Commons que permite copialo e distribuilo libremente sempre que non se faga un uso comercial e se cite a fonte.