Sara, a estrela do Salón

A dorna Sara foi unha das embarcacións presentes no Salón Náutico de Barcelona máis visitadas, tanto do Espai Marina Tradicional como dos outros tipos de barcos.
Agalcari desprazou a Barcelona 6 barcos, entre eles a Sara, para mostrar o excelente traballo que estan facendo en diferentes sectores da construción naval en madeira.

No salón estiveron presentes representantes de Hijos de Garrido, os construtores da Sara, que tiveron moito traballo atendendo ás preguntas do público en xeral e dos profesionais do sector que se interesaron por este barco único.

Os nosos parabéns a Hijos de Garrido por este éxito, e tamén ao armador da Sara, quen fixo un considerable investimento nun barco de características únicas e novidosas, con todo o risco que iso implica.

Hai unha interesante crónica de Lino Prieto sobre o Salón en Boudevara