O pasado venres cargaronse 4 camións en Cambados. Con estes son xa 6 os que están en viaxe, e nos vindeiros días cargarase en Coruña, Ferrol, Vigo e Bueu.
Nas fotos de arriba podedes ver a carga da Jatinha, da Barca de dornas e do 14 de outubro.
A carga está indo moi ben, gracias ao traballo duro e moitas veces pouco visible das persoas dos colectivos, e a colaboración dos conductores dos camións que nos están botando unha man, especialmente Moncho, ao que podedes ver na última foto, que xa nos ten acompañado noutras viaxes (Cadaqués, Málaga, etc.)
Estaba previsto que o Búrbida chegara por mar desde Redondela, pero debido ao temporal tivo que entrar en Aldán, e alí se foi a recollelo.