De mañán 13 de ata o 18 de agosto o Museo Massó ofrecerá un programa especial de actividades no marco da Semana do Mar. Poderase ver a Mostra de Daniel Pazó Vila. O home que revolucionou a pesca do polbo. Haberá visitas guiadas para todos os públicos sen reserva previa ás 12:00 h do 13 ao 16 de agosto, singraduras pola ría no Chasula, obradoiros para nenos e nenas e visitas nocturnas.
Para poder sair no Chasula é preciso inscribirse previamente chamando ao 986321838 (luns a venres de 10- 20) ou por correo en museo.masso@xunta.es