SEMENTEIRA DE AMEIXA NO BANCO MARISQUEIRO DA GUÍA
4 de maio ás 10:00
O aumento das capturas nos últimos anos levou unha diminución dos stocks de bivalvos, polo que a obtención de semente en criadeiro é a alternativa á falta de recrutamentos naturais dalgunhas zonas.
A través de Vigo Pesqueiro, convidámosvos a axudar aos mariscadores de Vigo na súa próxima sementa de ameixas este sábado 4 de maio a partir das 10:00.
ACTIVIDADE GRATUITA
NECESARIA INSCRICIÓN PREVIA NO SEGUINTE FORMULARIO:
https://forms.gle/ocyanzzieP7Jq2XZA
Reserva a túa praza canto antes!
IMPORTANTE:
Material necesario: Co bo tempo que nos acompañará, soamente precisaremos os pés descalzos para camiñar pola area, protección solar, e toalla para lavar e secar os pés ao rematar.
Punto de encontro: Parking da praia da Punta

|