O pasado día 17 de marzo asinouse o convenio de colaboración coa Secretaria Xeral de Cultura para. o XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. O acto contou coa presenza de Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Juan José Dieste, alcalde de Boiro, Gerardo Triñanes, presidente do Comité organizador, e Manuel G. Sendón, presidente da FGCMF.