O próximo mércores 14 de xullo o Museo Massó de Bueu organiza unha navegación aberta ao público a bordo do galeón Ave de Paso. As persoas participantes poderán vivir a experiencia única de facerse ao mar nunha embarcación tradicional.
Para realizar a inscrición na actividade, que é completamente gratuíta, podedes contactar co museo no enderezo electrónico museo.masso@xunta.gal.
As persoas que nunca teñan participado nesta singradura terán prioridade na reserva de prazas. Non obstante, desde o museo lembran que a asistencia debe ser confirmada 24 horas antes do inicio da actividade para que a inscrición se faga efectiva.