Situación actual e os riscos de futuro do pecio do Prestige

O Museo do Mar de Galicia continuará hoxe, xoves 17 ás 20.00 horas, o ciclo de conferencias “Prestige, así están as cousas tres anos despois”, que desta volta contará coa presencia dos doutores Gemma Ercilla e Francisco Sánchez, investigadores do CSIC e do IEO respectivamente.

Os dous ponentes presentarán as súas conclusións sobre as consecuencias na actualidade do desastre marítimo do petroleiro nos ecosistemas do litoral galego. Ercilla falará da situación na que se atopa actualmente o pecio do petroleiro e dos riscos para a biodiversidade de terse afundido no seu emprazamento actual. Sánchez explicará a evolución dos organismos do litoral español.

Dra. Gemma Ercilla, especialista do CSIC. “Riscos xeolóxicos no medio mariño. O caso Prestige”. Falará do futuro do pecio do Prestige.
Dr. Francisco Sánchez, especialista do Instituto Español de Oceanografía.