SOS Estaleiros Fra

A madrugada do 4 de xullo de 2023, un incendio devastaba o edificio este do estaleiro de Francisco Fra (San Cibrao, Lugo), unha das últimas carpinterías de ribeira tradicional que quedan en Galicia.

O lume levaba por diante ferramenta, maquinaria e numerosos obxectos de incalculable valor sentimental e patrimonial como planos e maquetas construídas pola propia familia Fra. O edificio incendiado forma parte da identidade da vila, sendo a última carpintaría de 4 e estando protexido por Patrimonio pola súa singularidade e valor histórico.

A familia Fra agradece a resposta da xente mostrando continuas mostras de cariño e preocupación e o seu apoio incondicional ao comezar as obras de restauración do estaleiro. Estos motivos foron os que impulsaron á familia a facer un chamamento a toda aquela persoa que quiera facer unha aportación económica.

Trátase dunha iniciativa de crowdfunding para recadar fondos que permitan a reconstrución do estaleiro -xa que carece de seguro-. Isto faría posible afrontar os custes do material para reconstruír o edificio de xeito tradicional, xa que se trata dun patrimonio que pertence a todos os galegos. Cómpre lembrar que as técnicas construtivas da carpintaría de ribeira en Galicia foron declaradas BIC 1 en 2015 (Ben de Interese Cultural) pola convención da UNESCO para salvagardar o patrimonio cultural inmaterial.

Se che interesa participar nesta iniciativa de crowdfunding tes toda a información na seguinte ligazón: