Tempo de choiva e lixa

Chove sobre mollado, os temporais piden permiso uns aos outros para pasar por enriba de nós. É o inverno que nos toca este ano. Pero cos ollos postos na primavera aproveitamos o tempo para traballar nos barcos: Amigos da Dorna Meca están lixando e pintando os seus barcos, Amigos da Dorna de Portonovo xa teñen preparada a Jatiña, a ACD Dorna logo de conseguir un local onde acubillar os seus barcos vai buscar ao monte paus para as dornas, e o mesmo fan os de Portonovo, e mentras no norte os Patexeiros siguen co seu curso de carpintería no sur os Mariñeiros de Bouzas tamén lle dan á lixa.
Pouco a pouco aumentan as horas de luz, e xa falta menos para poder ver os barcos no mar.

(Imaxe: Local de Dorna Meca. Jose Manuel Triñanes)