Terra de Outes galardoada co Premio Barbantia da Cultura

A Asociación Terra de Outes, membro de Culturmar, foi recoñecida co Premio á Iniciativa Cultural no Barbanza 2020. Este galardón é concedido pola Asociación Cultural Barbantia dentro dos seus Premios da Cultura que neste ano alcanzan a súa décimo cuarta edición.

Cada ano, os socios de Barbantia escollen aos merecedores de distinción en tres categorías: traxectoria, iniciativa e contribución cultural. Nesta ocasión, os nosos compañeiros de Terra de Outes comparten méritos coa dramaturga Esther Carrodeguas e o etnógrafo e historiador Clodio González Pérez.

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *