Terranova en el recuerdo. Memorias de un pescador de bacalao, 1954-1962. Libro

O profesor Juan Louro Lojo presentou o seu libro Terranova en el recuerdo. Memorias de un pescador de bacalao, 1954-1962 hai uns días no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico, a antiga Escola Nautico-Pesqueira de Vigo da que foi profesor moitos anos.

No seu libro o profesor Louro narra todo o relacionado coas vinte campañas de pesca que fixo en Terranova e Groenlandia entre 1954 e 1962. O autor non só fala do seu traballo nos bancos de Terranova tamén trata das técnicas de navegación, das técnicas de pesca nas praias e da presenza de diferentes tipos de barcos en Terranova, desde a flota branca portuguesa ata os barcos soviéticos.

Mais información en Crónicas de la emigración, Atlántico diario e imaxes do libro en Hueco creativo

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.