Tesouros vivos do mar da Guarda

O vindeiro venres 25 de outubro ás 20.00 h na Casa dos Alonsos, na Guarda, presentaranse os traballos realizados no Proxecto para a recuperación e a transmisión do patrimonio marítimo inmaterial do Concello da Guarda.

O acto inclúe no seu programa unha proxección dun documental, a presentación dun sitio web para o proxecto e o recoñecemento dos denominados Tesouros Humanos Vivos, cualificación coa que Unesco recoñece a aquelas persoas que son portadores dun saber ou unhas habilidades excepcionais para a comunidade na que conviven e que se transmiten ou transmitiron por relevo xeracional de forma oral. Rematará o acto cunha actuación musical.

Entre as medidas que se inclúen neste proxecto contémplanse a identificación, a documentación, e o rexistro audiovisual deste patrimonio nos seus distintos aspectos que quedarán recollidos nunha publicación, na páxina web e formará parte da exposición permanente do Museo do Mar da Guarda.

O día 26 ás 20:30 h proxectarase no Centro Cultural da Guarda o filme documental Tesouros vivos do mar