Through the gaps! é un blog (en inglés) que nos permite saber que está pasando, case en tempo real, no porto e arredores de Newlyn en Cornwall. Neste blog non só atoparemos magníficas fotos do peixe que se descarga en Newlyn e do ambiente do seu porto e lonxa, senón que poderemos ver un pouco a vida dos profesionais do mar na fisterra de Corwall.
Grazas a este blog tamén se pode ter idea do punto de vista dos mariñeiros de Cornwall (e dos británicos en xeral) sobre temas como a sobrepesca, as cotas ou a política comun de pesca da UE, enterarnos dos barcos á venda en Newlyn ou da existencia de proxectos como Be a fisherman’s friend.
O autor é Laurence Hartwell, un mestre que por non ter traballo en terra enrolouse na pesca hai anos, empezou indo á xarda con liña e pasou por todo tipo de pesca: arrastre, palangre, volantas, etc. Hoxe hai algún tempo que volveu ao seu traballo como mestre e ensina informática, arte e fotografía, mentras fai unha labor impresionante de difusión do mundo do mar.