O vindeiro día 4 de outubro ás 20:00 h vai presentarse no Museo do Mar de Noia o libro Transfusión oceánica de Xosé Iglesias, mariñeiro e poeta. Xunto ao autor estarán Paco Souto e María José Fernández.
Co gallo desta presentación no Museo vaise expoñer un arte do xeito de algodón, dos que se usaban na ría de Noia nos anos 60-70 do pasado século.
De Xosé Iglesias xa temos falado anteriormente. O seu libro está a ter unha moi boa acollida, tanto que a primeira edición está a piques de esgotarse. Esta presentación é unha boa ocasión para conseguir un exemplar.
Neste vídeo pódese ver a Xosé recitando un poema do libro no seu barco. En Youtube hai moitos outros interesantes vídeos seus.