Turismo e embarcacións tradicionais, un recurso a explorar. Xornadas técnicas no X Encontro

Os días 30 de xuño e 1 de xullo, no marco do X Encontro, van ter lugar as Xornadas técnicas Turismo e embarcacións tradicionais, un recurso a explorar, organizadas pola Consellería do Mar, o Museo do Mar de Galicia e a FGCMF, e co patrocinio do Proxecto Europeo NEA2.
Nestas Xornadas quere darse a coñecer as posibilidades que o turismo ofrece para xerar recursos que permitan a conservación das embarcacións con valor patrimonial. Para eso expoñeranse unha serie de experiencias da península ibérica e europeas, que nos permitirán coñecer un pouco mellor como afrontar a relación entre turismo e embarcacións patrimoniais.

Básicamente virán de Galicia, Bretaña, Portugal, Cataluña, e Canarias persoas responsables de empresas e expertos na relación turismo-patrimonio marítimo, que nos explicarán os resultados que as súas empresas están tendo neste sector, e os expertos mostrarán as posibiliddes de actuación neste campo.
No segundo día destas xornadas presentarase un Plan de acción para o recoñecemento das embarcacións de interese patrimonial, no que participarían a Dirección General de la Marina Mercante, a Consellería de Cultura, a Consellería do Mar, o Museo do Mar, Agalcari, e a FGCMF. Este plan pode supor un punto de inflexión no tratamento legal das embarcacións de interese patrimonial.

Os interesados en participar nas Xornadas deben inscribirse antes do 28 de xuño.