O fotógrafo Eduardo Rivo presenta este xoves 23 de xullo o seu libro de fotografías sobre a “Inchadiña branca vela”, homenaxe do mundo da cultura marítima a Rosalía de Castro que cada ano leva os nosos barcos de madeira polo Ulla arriba até a vila de Padrón.
A presentación terá lugar ás 21:00 no auditorio de Padrón, está organizado pola Fundación Rosalía de Castro e contará coa participación do autor.