O Museo Massó de Bueu continua a sua nutrida oferta de actividades de verán nos próximos días.
Na semana que entra, dous obradoiros pensados para as cativas e cativos baixo os títulos de “Atando cabos” e “Mar á vista”, que terán lugar o mércores 29 de xullo e o xoves 30 respectivamente.
A seguir, o martes 4 e mércores 5 de agosto, o pesqueiro Chasula lévanos de singradura didáctica. Serán varias as navegacións cada día e requírese inscrición previa, polo que recomendamos que consultes toda a información no web do museo e reserves a tua praza canto antes.
Para realizar a inscrición ou obter máis información, podes chamar ao 886 151 101 ou escribir a museo.masso@xunta.gal.