A exposición Un mar de ilusión, organizada por Mar de Noia, vai prorrogar a súa estadía en San Martiño Pinario ata o 27 de xaneiro, dada a gran cantidade de público que a está a visitar.
Esta exposición é moi ampla, e variada, podemos ver unha completa colección de sinais marítimos, unha colección de antiguas e modernas artes de pesca, maquetas de barcos e motores, unha colección de malacoloxía, etc.
Mar de Noia ofrece a posibilidade de visitas guiadas para grupos, os interesados poden contactar no teléfono 678736277. Triptico informativo
Un comentario sobre “Un mar de ilusión, prorrogada”
Comments are closed.
Visitei esta exposición cuns amigos mecos a semana pasada. Aínda que xa recibira informacións do interesante que era non foi ata que alí me personei cando puiden ver de primeira man o que se ofrecía.
Pois ben, todo hai que dicilo. Esta é unha exposición moi notable. Por varias razóns. Primeiro porque é unha mostra ben palpable do que unha asociación integrante da Federación é capaz de conseguir con medios propios. Hai material de primeirísima calidade que xa quixeran para así os poucos museos desta temática en Galicia. Certamente que parte deste xa fora exposto nos encontros pasados.Máis agora volven outra volta á carga e con novas cousiñas. Exemplos : velas auténticas, mostra moi completa de instrumentos de carpintaría e galafatería, maqueta e liñas dun sancosmeiro !!! ( Alabado sexa Deus ! Eu que cría que xa pasara a historia sen máis rastro que fotografías !) fotos, instrumentos náuticos, un mascarón de proa ( outra peza notable ) e poñamos xa aquí un longo etc.
A outra razón que quixera expoñer e que fano elés sós. Con toda a parafernalia de problemas que todos nós ben sabemos .Hai que facer sempre un esforzo ímprobo e o peor é que os gastos non sempren veñen de afora senón dos mesmos asociados que amáis de arrimar eles o hombro teñen que apoquinar cartos do seu peto.Compañeiros, desde aquí envíovos un saúdo e unha reverencia co sombreiro ( chapó ) E a todos os que isto viren quixera que se vexa como todo este mundiño asociativo da probas, unha vez máis da súa madurez. Compre seguir avanzando. Pois material,s xente e vontades, como nesta exposición se pode ver non faltan. Saúde e forza !