Un racú no I Foro“Isaac Díaz Pardo” Empresa e cultura

O vindeiro 15 de xuño vai ter lugar no Museo do Pobo Galego o I Foro “Isaac Díaz Pardo” Empresa e cultura, que baixo o concepto A tradición como fonte de innovación e factor de excelencia define o marco onde poderemos coñecer algunhas experiencias galegas pero tamén doutros países sobre produtos desenvolvidos por empresas baseados en elementos da tradición cultural.

Entre as empresa participantes no programa estará Asteleiros Triñanes que presentará a comunicación “Embarcación de lecer con deseño de Racú”, na que Xerardo Triñanes falará do racú que contruíron a partir do estudo de racús tradicionais pero empregando técnicas construtivas avanzadas e deseñado para o uso como embarcacións de lecer.