Unha dorna tamén rematou a singradura en Trafalgar

En 1959 partiu de Vigo a dorna Asunción co obxectivo de chegar navegando a Tarragona. Lamentablemente a súa viaxe rematou en Trafalgar. Os tripulantes eran Mario Zaera, Francisco Piñeiro “Chuco” e José Montenegro Collazo, estes últimos de Canido. A dorna de 6,15 m pertencía ao Real Club Náutico de Vigo.

(Vía Librería Náutica Antón, imaxe: Náutica Digital)

Etiquetas

Un comentario sobre “Unha dorna tamén rematou a singradura en Trafalgar

  1. Aquí vemos a Domingos Ayaso co seu fillo Domingos comentando detalles co armador sobre a dorna que lle estaban a facer.
    Corría o ano 1959, e o encargo foi unha dorna de 14 ½ cuartas (6 ½ metros) pa un señor catalán, por certo fíxo que lla pintasen coas cores da bandeira española. E como reza no escrito da foto, foi a primeira dorna que cruzou o Estreito de Gibraltar polos seus propios medios cando a foron levala cerca de Barcelona. Nestas fotos vese o tío Domingos nun reseso da construción e na outra durante un escada do viaxe en Panxón. Ben se ve a igrexa do xenial Antonio Palacios. Foi tripulada por dous mariñeiros de Aguiño e outros dous de Vigo. (fragmento de O TRIANGULO DA VIDA MARIÑEIRA ESTABA EN AGUIÑO https://smssmparaper.wordpress.com/548-2/
    Pódense ver dúas fotos, unha dos dos carpinteiros pai e fillo e oura a dorna fondeada en Panxón.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *