Unha ducia de embarcacións tradicionais participarán na ‘Recalada’, en Arcade

O sábado 17 de agosto, entre as 11 da mañá e as 8 da tarde, celebrarase en Arcade o encontro mariñeiro ‘A Recalada’, unha festa que inclúe concentración de embarcacións tradicionais, cultura mariñeira e música.

Culturmar participará nesta tradicional festa con 12 embarcacións

Ás 12:45 horas da mañá terá lugar o tradicional Izado de Velas, acompañado de música tradicional de gaita.

A Recalada contempla dúas dúas navegacións:
o Ao medio día (trar o remate da visita guiada e izado de velas) de 12:45 h – 13:45, aproximadamente
o Tarde (antes da visita guiada): a partir das 16:30 e ata as 17:30, aproximadamene

A Federación organizará dúas visitas guiadas para o público asistente nos seguintes horarios.
– Mañá: de 12:00 a 12:45 h
– Tarde: de 18:00 a 19:00 h