Unha tipografía inspirada nos folios d’O Grove e Meloxo

Fontoira é o nome da fonte tipográfica creada por Lino Prieto e Rubén Prol e inspirada nos traballos artesanais realizados por Ricardo Fontoira, mariñeiro meco de extraordinaria habilidade na hora de “afoliar” barcos.

Os autores habilitaron unha páxina web onde relatan a singular historia de Fontoira e a singradura que os levou a crear esta valiosa actualización do noso patrimonio marítimo.

As creacións de Rubén Prol son xa un clásico nas amuras das nosas embarcacións tradicionais. Apesar da súa xuventude, as súas tipografías con sabor galego levan máis de 15 anos levantando paixóns. No seu sitio web persoal ou na súa sección en Dafont podemos encontrar mostras destes soberbios traballos.

Neste caso, a tipografía pode ser descargada de xeito gratuito ou acompañada dunha doazón económica, o cal recomendamos firmemente para contribuirmos a que iniciativas como esta se repitan no futuro.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.