O vindeiro día 2 de xuño ás 16:00 horas vai ter lugar en Portonovo a V Regata do Sepelo, organizada por Amigos da Dorna de Portonovo. O circuito será coma de costume, dúas voltas a un triángulo balizado na ribeira de Portonovo. Esta é primeira regata da tempada, e nestes tempos de temporal económico é moi meritorio que haxa forza para organizar este tipo de eventos.
Para inscribirse e recoller as follas de información dos participantes, haberá que pasar polo local da Asociación (na parada de taxis). Estase plantexando abrir un paso dende o aparcamento cara á zona de varada (normalmente cercada cunha cadea) para poder botar as dornas ó mar dende a rampa grande sen ter que rodear toda a lonxa.
Fotos da Regata do sepelo do 2010