Vaise restaurar a Marina


O Faro de Vigo publica a noticia de que no Museo Massó van intentar restaurar para exposición a Marina, a única lancha xeiteira orixinal que ainda existe.
Hai 20 anos foi localizada en Caldebarcos pero o seu estado era tal que non foi posible recuperala para navegar. Na Aixola a partir da Marina fíxose unha replica, a Nova Marina, que finalmente foi cedida tempo despois pola Xunta á ACD Dorna que se encarga de dinamizala e hoxe pódese decir que é o seu barco insignia, polo menos ata que se remate o Rei do Mar.
Logo da construcción da Nova Marina a Xunta depositou os restos da Marina no Museo Massó.

Dado o caracter de peza única deste barco é unha excelente noticia que se vaia restaurar, sobre todo pensando que é o ultimo exemplar do tipo de barco máis numeroso da flota de pesca no pasado. Hoxe é dificil imaxinar os centos de xeiteiras que existían na costa galega e das que apenas quedan algunhas fotos e os rexistros nos arquivos.
A foto de arriba foi tomada durante a construcción da sua réplica na Aixola por Juan Álvarez a quen agradecemos que nola enviase.

2 cometarios sobre “Vaise restaurar a Marina

    1. Pois eu, que queredes que vos diga…! Eu conservaríaa tal e como está, limitándome a tomar as medidas axeitadas para que os “restos” non vaian a peor…

      Así tamén ten o seu encanto, e o seu abandono e posterior “descubrimento-rescate” forma parte da súa historia.
      Ademais, que vai quedar de orixinal desa lancha cando se restaure?

Comments are closed.