Veleada de San Antonio da Cabana en Ferrol

Mañán 13 de xuño a Asociacion de veciños San Antonio da Cabana, invitou como todolos anos aos compoñentes da seccion de vela tradicional do Club do mar de Ferrol, á concentración de embarcacións tradicionais que se leva a cabo na enseada da Cabana e da Malata, e que ven celebrándose dende hai uns 15 anos.

A Sección de vela tradicional trata de conseguir con estas concentracións por unha banda, colaborar nas actividades que as diferentes asociacións de veciños ou culturais realizan nas súas entidades, e por outra que a nosas embarcacións, propias da ria de Ferrol, e da zona norte da nosa terra, sigan navegando pola ria

E por riba de todo isto, reivindicar a zona de A Malata, como zona de lecer, no solo para nos, si non para un gran numero de rapaces e rapazas que nos clubs deportivos de A Cabana, de San Felipe, grupo Bazan, sección de vela lixeira do Club do mar, submarinistas do Club do mar, etc, por non decir de todolos veciños de A Graña, A Cabana, zona de A Malata, Copacabana.

As embarcacións, sairán de Curuxeiras, Barallobre, Mugardos, A Graña, para concentrarse aproximadamente as 19 horas na zona da Cabana.

(Imaxe Patexeiros)