Verne en Vigo

Eduardo Rolland ven de publicar o libro Verne en la bahía del tesoro. O obxectivo do libro é aclarar a presenza de Jules Verne en Vigo en dúas ocasións, 1878 e 1884. Antes de estar en Vigo, Verne xa fixera aparecer a cidade e os tesouros de Rande no seu libro Vinte mil leguas baixo os mares publicado en 1869.

Na primeira estancia en Vigo a bordo do seu barco Saint Michel III o escritor puido visitar Rande e pasear pola cidade. Na segunda ocasión entrou cunha avería no barco que lle foi reparada en La Industriosa, a empresa de Antonio Sanjurjo Badía. Desta reparación nace a lenda da amizade entre Verne e Sanjurjo.

Baseandose no libro de Rolland a Sociedade Verniana de Vigo fixo unha presentación sobre a presenza de Verne en Vigo
A imaxe de arriba mostra un barco en Sète que parece ser o Saint Michell III, ainda que non hai seguridade absoluta.

(Vía Brétemas)