No Museo do Mar de Galicia inaugurouse este venres 4 de novembro a exposición Verne: unha viaxe pola Galicia extraordinaria que pretende mergullarnos no mundo da divulgación científica, xeográfica e tecnolóxica que Verne describíu na súa obra vista baixo o espello da realidade galega do século XIX.
Ademáis de todo o material sobre o escritor e a súa relación con Galicia, poderemos ver materiais como o “submarino” de Sanjurjo, e outros productos da vida e actividade industrial do XIX.