Os vindeiros 23, 24 e 25 de agosto vai ter lugar a VI Regata das Illas Atlánticas de barcos clásicos e de época, organizada polo Club Náutico San Vicente do Mar, coa colaboración de AGABACE entre outros. Esta edición da regata contará coa presenza dos barcos clásicos franceses que participan no Rally La Baule – Galicia.
O sábado 24 a flota fará un percorrido San Vicente – Sanxenxo, cun circuíto en Sanxenxo coincidindo coa chegada da etapa da Vuelta. O domingo 25 farase un percorrido en liña San Vicente – A Lanzada – San Vicente.
O venres 23 haberá unha homenaxe a Alfredo Lagos no CN San Vicente. Alfredo Lagos, de 85 anos, foi director durante 50 anos de Astilleros Lagos, unha empresa que leva 96 anos construíndo barcos de madeira para lecer e restaurando barcos clásicos en Vigo.