Os Patexeiros organizan unha nova edición dos cursos de carpintaría de ribeira.
O curso terá unha duración de 24 horas e levarase ó cabo os sábados pola mañán en horario de 9:45 a 14:00, cun descanso de 20 minutos, na Carpintaría Lorbé, sita no Porto de Lorbé – Oleiros (A Coruña).
A data de comezo prevista está fixada para o 19 de outubro, e continuará os seguintes sábados 26 de outubro e 9, 16, 23 e 30 de Novembro