Visita á Guarda para coñecer as marcas gráficas dos mariñeiros

A Asociación Galega de Deseñadores (DAG), organiza para o vindeiro día 18 nunha visita á Guarda un encontro coa asociación ANABAM (Asociación Naturista Baixo Miño) para coñecer de preto o singular sistema de marcas gráficas que utilizaban os mariñeiros da Guarda para identificar embarcacións, aparellos… etc.

Consideramos unha moi boa noticia o interese da DAG nas marcas dos mariñeiros da Guarda, polo que vai supor de difusión entre este sector profesional dun elemento senlleiro do patrimonio marítimo galego.

Un autobús sairá da Coruña parando en Santiago, Pontevedra e Vigo para recoller aos interesados en participar. A visita será gratuita para socios da DAG e o custo será de 14 euros para os que non sexan socios da DAG.

O prazo para inscribirse remata este mércores 15. Máis información e datos para inscribirse

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.