Visitar Cortegada. Unha oportunidade que ofrece o X Encontro

Do 27 de xuño ao 1 de xullo haberá a posibilidade de visitar a Illa de Cortegada. Todas as tardes ás 18:00 h farase unha visita organizada, cun guía, a un prezo de 10 euros persoa.

As prazas son limitadas polo que recomendamos aos interesados que reserven previamente no correo rompetimons@gmail.com. Tamén se poderán comprar tickets mañán e tarde na carpa do Parque Nacional das Illas Atlánticas no Peirao de Carril.
Esta é unha oportunidade singular, xa que as visitas á Illa de Cortegada están restrinxidas e precisan autorización previa do Parque.

A Illa de Cortegada forma coas Malveiras e outros illotes un pequeno arquipélago enfronte de Carril. Habitada ata hai cen anos, foi donada ao rei Alfonso XIII para que contruise nela a súa residencia de verán, cousa que nunca chegou a facerse. Este feito propiciou o abandono da illa, e ao mesmo tempo a conservación dun entorno natural único.
En Cortegada está o maior e mais vello bosque de loureiros da península, tamén hai os restos dunha aldea de perto de 20 casas, habitadas ata hai 100 anos, e que é un bo arquetipo das aldeas da ría, xunto cos restos dunha capela do século XVI.
Os tripulantes das embarcacións terán a oportunidade de visitar Cortegada o sábado ás 10:00 h.

Un comentario sobre “Visitar Cortegada. Unha oportunidade que ofrece o X Encontro

  1. unha boa oportunidade para visitar a illa que está preciosa, limpa e ben coidada dende queé parque nacional

Comments are closed.